Sanidade inclúe a aplicación TELEA no seguimento de contactos estreitos

luns, 11 de xaneiro do 2021 Redacción

A Consellería de Sanidade vén de incorporar a plataforma TELEA (Plataforma Tecnolóxica de Asistencia Domiciliaria) no seguimento dos contactos estreitos das persoas doentes de COVID-19, que poderán completar a enquisa diaria a través da dita ferramenta. Esta información estará a disposición do médico e persoal de enfermería de Atención Primaria.
A Consellería de Sanidade sinala que TELEA é “unha ferramenta máis de cara a frear a propagación da COVID-19”, e anima aos cidadáns que sexan coñecedores de seren contacto estreito dun caso positivo polo virus a “que accedan ao aplicativo para deixar os seus datos”, respostando a unha enquisa.
A Xunta lembra que as e os estudantes que regresen ás aulas dende o seu lugar de orixe, poden inscribirse no rexistro de viaxeiros para ser citados e realizar unha proba diagnóstica.

PUBLICIDADE