Sansa slotRadio, o reprodutor con tarxetas de memoria de 1.000 cancións
mércores, 7 de xaneiro do 2009
O compromiso de
busca de novos soportes fÃsicos para a distribución musical levou a SanDisk a
lanzar propostas como tarxetas microSD nas que almacenar álbums musicais e que
se coñecerÃan coma tarxetas
SlotMusic, que mesmo comercializan un reprodutor multimedia cun
prezo moi económico pensando neste soporte, e agora queren dar un paso máis
nesta dirección co reprodutor
Sansa slotRadio, que se venderÃa cunha tarxeta slotRadio con 1.000 cancións
precargadas, no que pretende ser unha oferta moi práctica para os usuarios, que
non terán que molestarse en descargar e recompilar música dos seus estilos
favoritos, xa que se lanzarÃan paquetes de cancións de grandes éxitos actuais ou de xéneros determinados, o que serÃa algo
asà como ter a nosa propia radio musical.
O Sansa slotRadio conta cunha pantalla OLED de 1,5 polgadas na que se amosa
información sobre o tema musical a reproducir, integra radio FM e un clip para
poder enganchalo ao cinto. Venderase nos EE.UU. dende primeiros de ano a 99,99
dólares cunha tarxeta de 1.000 cancións, podéndose adquirir máis tarxetas con
seleccións musicais por 39,99 dólares, o que sae considerablemente máis
económico que as tarifas habituais en tendas coma iTunes.