Santiago acolle a final do xogo de rol da campaña Contra Murphy

luns, 24 de novembro do 2008

O IES As Fontiñas de Santiago de Compostela acollerá este martes a final intercentros e a entrega de premios do xogo de rol da campaña Contra Murphy posta en marcha a principios de novembro polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) co obxectivo de comprometer na seguridade do traballo aos eidos educativos de Formación Profesional de Galicia.
A estrela desta edición da campaña, en boa medida dixital, foi a organización dun xogo de rol en vivo en sete centros de ensinanza de Santiago, Viveiro, A Coruña, Vigo, Ponteareas, Lugo e Ourense. O acto de mañá en Compostela será o punto e final desta convocatoria 2008.

PUBLICIDADE