Santiago activa un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local

martes, 3 de xuño do 2025 S. P.

O edificio Cersia será a sede das actividades

O departamento municipal de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha un novo servizo de información e atención a persoas emprendedoras que estará activo durante as mañás dos luns no edificio CERSIA Empresa, en San Lázaro.
Nas instalacións do CERSIA Empresa programarase tamén un conxunto de encontros de networking para axudar a definir un novo modelo de emprendemento máis centrado na economía social, o consumo responsable, a sustentabilidade e a innovación tecnolóxica.
Serán dez sesións de noventa minutos dedicadas á economía, as industrias culturais, o turismo e a gastronomía sostible, a educación, o comercio e a industria, a innovación, os modelos circulares, os novos nichos de emprego, ao consumo responsable e a economía colaborativa.
Están xa programados os seguintes encontros temáticos:
5 de xuño - Xornada Nova Economía
2 de xuño - Xornada Niños de Emprego
19 de xuño - Xornada Comercio
26 de xuño - Xornada Innovación
3 de xuño – Xornada Industrias Culturais
10 de xuño - Xornada Turismo e Gastronomía Sustentable
Nestes encontros participarán axentes socioeconómicos do territorio, así como aqueles proxectos emprendedores con liñas de negocio vinculadas a temática de cada xornada. As empresas e entidades interesadas, poden solicitar máis información e inscribirse no correo electrónico sae@santiagodocompostela.gal.
As conclusións destes encontros serán recollidas pola área de Promoción Económica do Concello para mellorar a carta de servizos e actividades de fomento do emprendemento e da mellora empresarial. Estas acción forman parte do Programa Municipal Feito en Santiago.