Santiago convértese este venres no epicentro do networking empresarial

luns, 21 de abril do 2025 S. P.

Máis de 60 empresarios de toda Galicia, xunto a profesionais chegados desde Madrid, Murcia, Asturias e Castela e León, daranse cita o vindeiro venres 25 de abril na Cidade Deportiva do Real Aeroclub de Santiago. O evento, organizado por Neting.app, converterá a capital galega no epicentro do networking empresarial, co obxectivo de “estreitar ligazóns profesionais e xerar novas oportunidades de negocio”.
O II Networking Empresas e Negocios de Galicia, impulsado polo equipo de Neting Compostela, terá como anfitrión a este equipo compostelán formado por máis de 20 empresarios locais, que celebran o seu primeiro aniversario. Tras o éxito do encontro do ano pasado, o equipo espera “consolidar este evento como unha cita de referencia para o tecido empresarial galego, reunindo a profesionais de toda a comunidade nunha contorna deseñada para crear conexións valiosas e oportunidades reais de colaboración”.
A organización engade que “este encontro ofrece unha oportunidade única para xerar contactos de calidade, descubrir novas alianzas estratéxicas e explorar oportunidades comerciais que impulsen o crecemento de cada negocio”.
As persoas asistentes poderán establecer relacións duradeiras con potenciais clientes, colaboradores e socios, ao mesmo tempo que “aumentarán a visibilidade das súas empresas no mercado galego”.
Durante a xornada, levarán a cabo dinámicas específicas de networking, pausas para café e unha comida deseñada para fomentar a interacción entre os participantes.
Debido á alta demanda e ao aforo limitado do recinto, a organización lembra que é imprescindíbel realizar a inscrición previa a través da páxina web de Neting.app. Recoméndase aos interesados asegurar a súa praza con anticipación para non perder esta oportunidade única.
Neting Compostela organízase dentro da aplicación de Neting.app, plataforma innovadora que facilita o networking entre empresarios. A través de eventos exclusivos e ferramentas dixitais, Neting.app impulsa o crecemento empresarial e a xeración de oportunidades de negocio poñendo en contacto a máis de 2.000 empresarios de toda España, México e Suíza.
Detalles do evento
Data: 25 de abril de 2025
Horario: 10.30h a 16.30h
Lugar: Cidade Deportiva Real Aeroclub de Santiago de Compostela
Aforo: 100 empresarios
Inscrición: A través da páxina web de Neting.app