Santiago incorpora o programa de apoderamento tecnolóxico FemCoders ao seu plan de emprego
venres, 10 de maio do 2024
- MarÃa Rozas, Xavier Ferreiro e Rebeca RodrÃguez na presentación do programa
Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellarÃa de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A súa responsábel, MarÃa Rozas, deu conta das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade innovadora dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.
FemCoders celébrase en colaboración con FactorÃa F5, unha asociación sen ánimo de lucro que ten en marcha a primeira rede de escolas dixitais solidarias, inclusivas e gratuÃtas do Estado. Santiago incorporouse a esta acción, "que non é unha formación ao uso, senón que se basea nun traballo práctico moi intensivo e un acompañamento posterior e un labor de mediación coas empresas para lograr a inserción laboral das participantes".
A representante de FactorÃa F5, Rebeca RodrÃguez, explicou que a entidade traballa con colectivos vulnerábeis, "co obxectivo de tender pontes entre estas persoas e o sector tecnolóxico, coas empresas que tamén teñen dificultades para procurar determinados perfÃs profesionais". A actividade consiste no desenvolvemento de obradoiros intensivos, cun enfoque totalmente práctico e orientado cara a inserción laboral. Deste xeito, as mulleres participantes recibirán unha formación de 850 horas en seis meses, a través dunha aula virtual na que traballan en tempo real e en equipo. A formación está centrada no desenvolvemento de páxinas web, e non se requiren coñecementos previos de programación. Rematada a fase da formación, FactorÃa F5 mantén o asesoramento de cara a inserción laboral.
O programa FemCoders de FactorÃa F5 chega a Santiago coa garantÃa de ter sido elixido finalista do Google.org Impact Challenge for Women and Girls 2021, entre case 8.000 proxectos presentados, destinados ao apoderamento feminino. O ano pasado, esta actividade logrou unha taxa de éxito do 76% entre as persoas participantes no norte do Estado.