Scribblenauts terá secuela no outono
luns, 8 de marzo do 2010
A revista Nintendo
Power confirmou que 5th Cell xa está a traballar nunha secuela do
revolucionario xogo Scribblenauts
para Nintendo DS, que incluirá 120 novos niveis, un editor de niveis, un novo
sistema de trucos, controis optimizados e máis de 10.000 palabras novas, con adxectivos xogando
un papel importante nun tÃtulo que consiste en invocar obxectos escribindo
o seu nome para solucionar de xeito imaxinativo distintos retos.
A nova entrega de Scribblenauts
estará dispoñible no vindeiro outono, e todo apunta a que desta volta
aproveitará o potencial do seu sistema de xogo, corrixindo os problemas de manexabilidade
cos que conta o tÃtulo orixinal (que decepcionou a moitos xogadores, aÃnda que
iso non impediu que conseguise un nivel de vendas notable).