Scribe promete transcribir o galego con grande precisión
venres, 28 de febreiro do 2025
ElevenLabs conseguiu converterse no grande referente na xeración de voz mediante IA, e agora quere facer o mesmo coas transcricións de voz a texto, polo que presentan Scribe, un modelo de voz a texto que asegura ser capaz de crear as transcricións máis precisas do mundo, sendo capaz de manexar a impredicibilidade do mundo real, transcribir até 99 linguas, superando a fiabilidade de modelos como Gemini 2.0 Flash, Whisper Large V3 e Deepgram Nova-3.
- As transcricións de Scribe en español e galego terÃan unha fiabilidade próxima ao 97%.
As transcricións de Scribe presumen de ter unha taxa de acertos do 98,7% en italiano, un 96,7% en inglés e, no caso do español, o catalán e o galego terÃa unha taxa de erros inferior ao 5%.
Os usuarios de ElevenLabs poden probar esta tecnoloxÃa de balde até o 9 de abril, estando tamén dispoñible a través de API para que a integren os desenvolvedores nos seus traballos, o que pode resultar moi práctico para a creación de subtÃtulos e transcricións automáticas, prevéndose que en breve estea dispoñible unha versión de baixa latencia para facilitar a creación de aplicacións que realicen transcricións en tempo real.