Scroll Extreme Tablet, un tablet económico con Android 4.0

xoves, 1 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Grazas á fabricación chinesa cada vez temos tablets con Android máis económicos, e incluso comezan a contar coa última versión do sistema operativo de Apple, e nesta liña vén de abrirse a reserva no Reino Unido do Scroll Extreme Tablet, un dispositivo con pantalla IPS capacitiva de 9,7 polgadas, procesador Cortex A8 a 1,2 GHz apoiado por unha gráfica Mali-400, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, Wi-Fi N, miniHDMI, micro USB (para conectar dispositivos coma un teclado ou unha tarxetas de memoria), cámaras de 1 e 0,3 Mpíxeles que externamente pode chegar a confundirse co primeiro iPad, pero que opera con Android 4.0, soporta Adobe Flash, reproduce vídeo Full HD (incluso 3D, de contar cun televisor con tal tecnoloxía) e un prezo de só 189,99 libras esterlinas (uns 228 euros), deixando claro que 2012 será o ano no que contaremos con auténticas alternativas económicas ao iPad de Apple.
Este novo tablet non chegará ao mercado ata o mes de abril, cando xa se espera que haxa outros produtos con semellantes características e prezo no mercado, o que claramente beneficiará aos consumidores que desexen adquirir un tablet económico sen sacrificar prestacións.

O Scroll Extreme Tablet terá un formato moi semellante ao do iPad orixinal

PUBLICIDADE