Seagate estrea unidades SSD externas con USB-C
xoves, 8 de novembro do 2018
AÃnda que nos ordenadores persoais o salto de disco duro a
SSD está a facerse dun xeito bastante natural, nas unidades externas o cambio vai
máis paseniño, pero con interesantes achegas, como a nova unidade SSD
portátil de LaCie, que en capacidades de 500 GB, 1 TB e 2 TB achega
velocidades de lectura/escritura de 540/500 MB/segundo, de xeito que os
profesionais teñen asà unha solución que permite mobilidade sen comprometer o
rendemento.
Ao estarmos ante unha unidade tan rápida, é posible empregar a unidade externa
directamente para traballar con grandes fotografÃas e vÃdeos, e como exemplo da
súa velocidade dende LaCie apuntan a que permite transferir unha hora de vÃdeo
4K a 30 imaxes por segundo en só 1 minuto.
O LaCie Portable SSD subminÃstrase formateado en exFAT (para ser compatible con
Windows e macOS), inclúe un conxunto de software de LaCie, superou probas de
resistencia a caÃdas de até 2 metros, inclúe
un plan de recuperación de datos durante os seus 3 primeiros anos e
conéctase aos nosos equipos por USB-C (USB 3.1 a 10 Gb/s) incluÃndo tamén cable
USB 3.0.
Esta nova unidade está xa dispoñible nos EE.UU. a prezos de 124,99, 269,99 e
539,99 dólares nas súas capacidades de 500 GB, 1 TB e 2 TB.
- A nova unidade SSD tira proveito das altas velocidades das conexións USB-C (USB 3.1)