Seagate leva ata os 4 TB as súas unidades de expansión para Xbox
luns, 9 de xuño do 2025
Seagate vén de presentar a primeira e única tarxeta de expansión de 4 TB para Xbox Series X|S, pensada para dar resposta ás crecente necesidades de espazo por parte dos xogadores de consola. Este novo produto promete mellorar a experiencia de xogo ao ofrecer unha capacidade sen precedentes, permitindo que os usuarios non teñan que renunciar a ningún tÃtulo da súa biblioteca.
Con xogos AAA que adoitan superar os 100 GB, o espazo adicional resulta fundamental para evitar interrupcións. A nova tarxeta de Seagate permite descargar e gozar de grandes tÃtulos, xogos independentes e contido multimedia sen preocupacións polo almacenamento. Froito da colaboración directa con Xbox, o dispositivo ofrece unha integración perfecta coa consola, garantindo velocidades de carga rápidas e un rendemento equiparable ao da unidade interna grazas á compatibilidade coa arquitectura Xbox Velocity.
Entre as súas principais vantaxes destaca a enorme capacidade de almacenamento, que permite gardar sen problemas tÃtulos actuais con arquivos voluminosos. A tarxeta encaixa sen esforzo na consola e iguala en velocidade e rendemento ao SSD interno. Ademais, permite executar xogos optimizados para Xbox Series X|S directamente desde a tarxeta sen perdas en gráficos, tempos de carga ou fluidez. Os xogos das xeracións anteriores tamén se benefician, xa que ofrecen mellor rendemento que nas súas consolas orixinais. O seu funcionamento plug-and-play evita complicacións, xa que abonda con conectala para comezar a xogar sen ter que transferir ficheiros nin xestionar o espazo.
A nova versión de 4 TB súmase ás xa existentes de 1 TB e 2 TB, completando unha gama pensada para adaptarse ás distintas necesidades dos xogadores que buscan unha experiencia fluÃda e sen limitacións de espazo.
A Seagate Storage Expansion Card de 4TB para Xbox Series X|S xa está dispoñible a un prezo de 429,99 dólares nos EE.UU. estando a espera de ver o seu prezo en España, que probablemente estará por enriba dos 550 euros (especialmente se temos en conta que o modelo de 2 TB custa 349,99 euros), o sexa, que poderÃa custar máis que unha consola Xbox Series X, o que resulta bastante rechamante, especialmente se tempos en contra que unha unidade NVMe da mesma capacidade compatible con PS5 custarÃa a metade.
VÃdeo de presentación das tarxetas de expansión de 4 TB para consolas Xbox Series X|S