Seagate presenta a súa nova gama de discos duros externos
luns, 15 de setembro do 2008
Atendendo á forte demanda de discos duros externos Seagate
anuncia os seus discos FreeAgent, que contan con gamas orientadas
para o seu uso en ordenadores portátiles ou sobremesa.
Os FreeAgent Go serÃan os discos pensados para o seu uso en portátiles (non
precisan de fonte de alimentación adicional), e se venderÃan en 4 cores (prata,
negro, vermello e azul), se conectarÃan ao ordenador por USB 2.0 (agás no caso
dun modelo especÃfico para Mac que tamén incluirÃa porto FireWire). A unidade
inclúe no seu interior un disco duro de 2,5 polgadas a 5.400 rpm con
capacidades de ata 500 Gb.
Os FreeAgent Desk drive (para Mac) e FreeAgent XTreme drive (para PC) terÃan
capacidade de ata 1,5 Tb, incorporando na versión para Mac portos USB 2.0,
FireWire 400 e FireWire 800, mentres que os modelos para PC substitúen o
FireWire 800 por un porto eSATA.
Todos estes discos de Seagate veñen preformateados (para o sistema operativo ao
que van destinados) e os seus prezos de venda estarÃan entre os 160 e os 350
dólares segundo o modelo.