Seagate presenta un disco duro externo para ampliar a capacidade das Xbox
mércores, 5 de agosto do 2015
As consolas de videoxogos de nova xeración teñen unha certa
limitación de capacidade de almacenamento interno, de aà que estean a procurar
pasar de discos duros de 500 GB a unidades de 1 TB, pero para os que xa teñan
unha consola de 500 GB non é preciso desfacerse dela para incrementar a súa
capacidade, senón que é posible ampliarlla mediante unidades externas, de aà que
Seagate aproveitase a celebración da Gamescom de Colonia para anunciar
o Game Drive para Xbox, un disco duro con 2 TB de capacidade, cun deseño
que busca casar coas consolas Xbox One e Xbox 360.
A
nova unidade de Seagate é un disco USB 3.0 cunhas medidas de 117 x 80 x 14
milÃmetros e un peso de 170 gramos, polo que serÃa válida para ter conectada
constantemente á consola ou para levar connosco cando imos xogar nas consolas
dos nosos amigos levando a nosa colección de xogos.
Dado que os xogos actuais para Xbox One teñen un tamaño de 30-50 GB en disco, a
unidade de Seagate poderÃa almacenar máis de 50 tÃtulos nunha única
localización, evitando asà a molestia de andar a instalar e desinstalar xogos
en función do espazo dispoñible no unidade interna da conla. Chegará en breve
ao mercado, anunciando Seagate que o seu prezo recomendado serÃa de 109,99
dólares, aÃnda que o propio fabricante ofrece a unidade para a súa reserva por
99,99 dólares, polo que é de agardar que chegue ás tendas españolas a un prezo
duns 100 euros (ou sexa, que custarÃa un chisco máis que unha unidade de
iguales caracterÃsticas do mesmo fabricante, pagando un pequeno extra por contar cun deseño acaÃdo á
Xbox).
- Máis de 50 xogos de Xbox One poderÃan gardarse na nova unidade de disco de Seagate