Segunda edición da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce
mércores, 30 de abril do 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, AgustÃn Reguera, e a directora xeral de Traballo Autónomo e EconomÃa Social, Marta Mariño, presentaron esta tarde a segunda edición da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, co obxectivo de seguir impulsando o emprendemento no comercio electrónico no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, mediante a colaboración entre a ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster do Ecommerce Galego.
O acto contou coa participación de representantes institucionais e do clúster do comercio electrónico, asà como con mesas redondas nas que emprendedores beneficiarios da anterior edición e candidatos da actual compartiron as súas experiencias.
Entre as principais novidades desta edición destacan dous niveis formativos: un nivel de iniciación para persoas que comezan desde cero ou teñen coñecementos básicos en ecommerce, e outro avanzado dirixido a quen xa ten unha tenda en liña e precisa un impulso. Isto permite axustar mellor os contidos ás necesidades de cada proxecto, ofrecendo maior flexibilidade.
Os participantes recibirán formación e mentorización especializada en comercio electrónico, a través de obradoiros, sesións con profesionais expertos e titorización personalizada para lanzar, xestionar, optimizar e facer rendible o seu negocio en liña. Nesta edición amplÃase o perÃodo de mentorÃas de dous a cinco meses, asà como o número de sesións con respecto ao ano anterior. Ademais, os contidos adaptaranse aos distintos grupos creados segundo as caracterÃsticas dos proxectos.
Este programa forma parte da aposta da Xunta pola innovación e o impulso ao emprendemento, contribuÃndo a potenciar o talento e a competitividade das empresas galegas mediante o apoio, o incentivo e a promoción do comercio electrónico. Ao tempo, favorece a convivencia e aprendizaxe mutua entre empresas nativas dixitais e negocios fÃsicos con presenza en liña consolidada.
