Sennheiser presenta un micrófono compacto para creadores de contido
mércores, 7 de abril do 2021
De cara aos creadores de contido dende Sennheiser están a
promover o seu micrófono de canón compacto e direccional MKE 400, que permite mellorar
considerablemente o son que pode captar unha cámara réflex ou sen espello (ou un
teléfono móbil) e incluso conta con toma de auriculares para monitorizar o son
durante a gravación.
O MKE 400 véndese a un prezo de 199 euros, e pode ser unha boa opción para os
creadores que queiran tirar proveito do seu patrón de captación super-cardiode,
ou sexa, que recolle o son que ten diante para enfocar o son e rexeitar o ruÃdo
de fondo. O formato deste micrófono está equipado con protección contra o vento
e absorción de impactos, o que consegue gravacións sonoras moi limpas incluso
en exteriores.
O micrófono tamén conta con filtros de paso baixo e un interruptor con 3 niveis
de ganancia, para poder adaptar o modo de funcionamento do micrófono ao
contorno no que se realicen as gravacións.
Para facilitar o uso deste micrófono con dispositivos móbiles Sennheiser ten á
venda unha versión Mobile Kit na que o comercializa cun soporte para suxeitar
o móbil, un mini-trÃpode de Manfrotto, cables mini-jack TRS e TRRS (de xeito
que permiten a gravación con móbiles ou con gravadoras) e bolsa de transporte,
custando o conxunto 229 euros.
- O micrófono tamén está dispoñible nun lote que inclúe cables e mini-trÃpode, pensando no seu uso con smartphones
VÃdeo de presentación do Sennheiser MKE 400