Será preciso ter un mÃnimo de 16 anos para facer directos en YouTube
mércores, 25 de xuño do 2025
A partir do vindeiro 22 de xullo, YouTube implementará novos cambios nas condicións para realizar retransmisións en directo, establecendo en 16 anos a idade mÃnima necesaria para facer streaming na plataforma. Esta medida forma parte dun conxunto de polÃticas actualizadas que buscan reforzar a seguridade dos menores durante as emisións en vivo.
Segundo a nova normativa, os menores de entre 13 e 15 anos non poderán facer directos por conta propia. Só poderán aparecer nunha retransmisión se están visiblemente acompañados por un adulto, e sempre que este participe activamente na emisión. En caso contrario, YouTube poderá desactivar o chat en directo ou incluso revogar temporalmente o acceso da canle a esta funcionalidade. Nunha fase posterior, estas retransmisións poderÃan ser directamente retiradas da plataforma.
YouTube tamén lembra que o acceso ao streaming pode ser suspendido temporal ou permanentemente por outros motivos, como incumprimentos das normas da comunidade, emisións con contido protexido por dereitos de autor ou vulneracións da polÃtica sobre armas de fogo. Asà mesmo, nos directos marcados como Contido para nenos, desactÃvanse opcións como o Super Chat, os comentarios, as notificacións anticipadas e os anuncios personalizados.
A plataforma insiste na importancia de que os menores non compartan datos persoais durante os directos (como o nome completo, a localización ou o número de teléfono), e recomenda que haxa sempre un adulto ao tanto da actividade en liña. Para garantir unha experiencia segura, tamén se suxire empregar as ferramentas de moderación dispoñibles e manter un ton positivo e respectuoso nas retransmisións.
Con estes cambios, YouTube busca garantir un contorno máis seguro para os creadores máis novos e as súas audiencias.
