Setapp pecha a súa tenda de aplicacións móbiles
luns, 19 de xaneiro do 2026
Levamos un tempo podendo gozar de tendas alternativas de aplicacións para iOS dentro da Unión Europea, pero estas non están a ser precisamente un éxito, e a meirande parte dos usuarios nin sequera sabe da súa existencia ou non se atreven a instalalas ante os atrancos para facer tal, de aà que Setapp Mobile, que chegou ao iPhone en setembro de 2024, e agora anuncian que esta tenda de aplicacións mediante subscrición dirá adeus o vindeiro 16 de febreiro.
SetApp é un popular servizo de subscrición que achega aos seus usuarios un catálogo moi atractivo de aplicacións para Mac (como CleanMyMac, CleanShot X, Paste, Bartender, Nitro PDF Pro ou Spark Mail), e quixeron explorar a posibilidade de trasladar este modelo de negocio a aplicacións para o móbil, cun resultado que non resultou satisfactorio, considerando que a tenda alternativa de aplicacións dispoñible na Unión Europea non resulta economicamente viable, polo que deciden baixar o portón da tenda, mentres confirman que seguen a explorar novas posibilidade da intelixencia artificial no escritorio informático.
