Shadow Complex convértese no xogo máis vendido no Bazar de Xbox LIVE

martes, 1 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os xogos descargables están a ter cada vez unha mellor acollida, e tras o impresionante éxito de títulos coma Super Street Fighter II Turbo HD ReMix, temos que a última creación de Chair Entertainment (Epic Games), Shadow Complex, que saíu á venda o pasado 19 de agosto no Bazar de Xbox LIVE Arcade, superou as 200.000 copias, converténdose no xogo de máis éxito nesta plataforma de distribución, e confirmando que a distribución dixital serve para rendibilizar o desenvolvemento dos xogos (lembremos que Shadow Complex véndese a 1.200 puntos, o que en España son 14,4 euros, polo que estaría achegándose aos 3 millóns de euros de facturación).

PUBLICIDADE