Sifu chega a consolas PlayStation e PC

martes, 8 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

O estudio de videoxogos independente Sloclap, creadores de Absolver, estrean o seu novo título, Sifu, un xogo de acción en terceira persoa con intensos combates corpo a corpo no que encarnaremos a un aprendiz de kung-fu que busca aos asasinos da súa familia para vingarse. Esta agardado xogo chega con versión para consolas PlayStation 4 e PlayStation 5, así como versión para PC, sendo o seu prezo base de 39,99 euros, co que pretende achegarse a unha boa base de usuarios.
Neste xogo haberá que percorrer os recantos escuros da cidade, dende os suburbios ateigados de bandas até os corredores das torres empresariais, derrotando a innumerables inimigos que procurarán cortarnos o paso. Para sobrevivir haberá que colocarse de xeito axeitado, sacar partido do contorno e, en definitiva, aproveitar calquera cousa que teñamos a man para poder superar situacións nas que se está en clara desvantaxe.
Estamos ante un beat’em up que cativará especialmente aos amantes do cine asiático de artes marciais.

No xogo hai que aproveitar o que se atopa ao redor para poder superar aos numerosos inimigos que xorden no camiño

Tráiler de lanzamento de Sifu

PUBLICIDADE