Simyo reduce as súas tarifas

mércores, 1 de outubro do 2008

Reaccionando ás novas tarifas de Yoigo, que reduciu o prezo por minuto de 12 a 8 céntimos, a Operadora Móbil Virtual Simyo fixo o propio, e tamén reduciu as súas tarifas, deixando o prezo por minuto en 8 céntimos a fixos e móbiles doutras compañías (de balde entre clientes da operadora durante os 10 primeiros minutos de cada chamada). O establecemento de chamada queda en 15 céntimos, as mensaxes de texto en 9 céntimos e as mensaxes multimedia en 29 céntimos. A estas tarifa faltaría aplicarlles o IVE.

PUBLICIDADE