Simyo sorprende cun bono de datos de 10 GB por 33 euros
xoves, 30 de xuño do 2016
De
cara ao perÃodo estival, e tendo en conta que é habitual que moitos usuarios
estean afastados do fogar e teñan asà unha maior demanda da banda larga móbil,
o operador móbil virtual Simyo estrea un impresionante bono de datos para
contrato e prepagamento que por 33 euros permite ata 10 GB de tráfico de datos.
A compañÃa ofrecÃa bonos de datos de ata 3 GB, polo que este novo superbono é unha novidade moi rechamante
que practicamente carece de competencia no mercado español por chegar para
calquera modalidade de contratación (o resto de operadores non ofrecen opcións
semellantes en prepagamento) e sen compromiso de permanencia, resultando ideal para empregar o
smartphone como punto de acceso para compartir os datos con outros equipos
durante as vacacións.
Este superbono ten duración mensual
dende o dÃa de activación, e superados os 10 GB de consumo de datos dentro do
territorio español pasarÃan a cobrar 3,63 céntimos por cada Mbyte de exceso.
