SingStar Dance estrearase cun catálogo de 30 cancións

xoves, 21 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 11 de novembro a franquía SingStar vai principiar unha das súas renovacións coa chegada do xogo SingStar Dance, que apoiándose no mando de movemento PlayStation Move animará aos usuarios a bailar, levando o nivel de diversión máis aló de xeito que poderemos ter partidas a catro xogadores simultáneos (2 cantando con micrófono e 2 bailando con PlayStation Move).
Este xogo exclusivo de PlayStation 3 chegará ao mercado español a un prezo de 29,99 euros cun repertorio de 22 cancións en español e 8 en inglés, con temas coñecidos de artistas coma Paulina Rubio, David Bustamante, Gloria Gaynor ou La Oreja de Van Gogh.
Concretamente o catálogo musical do xogo sería o seguinte:
- Amaia Montero - 4"
- Amaral - Marta, Sebas, Guille y los demás
- Bustamante - Abrázame muy fuerte
- Chayanne - Torero
- Coti - Nunca tendré
- David Bisbal - Esclavo de sus besos
- Dover - Let me out
- Efecto mariposa - Por quererte
- El canto del loco - Eres tonto
- Julieta Venegas - Lento
- La oreja de Van Gogh - Pop
- Macaco - Tengo
- Maldita Nerea - Cosas que suenan a...
- Malú - Toda
- Melendi - Como una vela
- Miguel Bosé - Don Diablo
- Mónica Naranjo - Pantera en libertad
- Nena Daconte - Ay! Amor
- Pastora - Lola
- Paulina Rubio - Causa y efecto
- Pignoise - Todo me da igual
- Zenttric - Sólo quiero bailar
- Gloria Gaynor - I Will Survive
- Ricky Martin - Livin’ la Vida Loca
- Pitbull - I Know You Want Me
- Lady Gaga - Poker Face
- Real to Reel - I Like To Move It
- Black Eyed Peas - Shut Up
- Gwen Stefani - What You Waiting For?
- Backstreet Boys - Everybody

Os Backstreet Boys teñen un dos seus temas máis populares no SingStar Dance
Os Black Eyed Peas levan o seu Shut Up ao novo xogo da franquía de karaoke das consolas de Sony

PUBLICIDADE