SingStar incorporará novas funcións en xuño
martes, 27 de abril do 2010- A PSP permite elaborar listaxes de reprodución para o SingStar de PS3
Periodicamente o xogo para
PlayStation 3 SingStar recibe novas
cancións descargables no seu catálogo, pero o que é o xogo en si permanece
bastante fiel ás súas primeiras versión, pero en
xuño contará cunha importante actualización que incluirá un modo de Batalla Online, a función SingStar
Remote (que permitirá a conexión a SingStar
a través dunha consola PSP durante unha sesión de xogo e crear listaxes de
reprodución de máis de 20 cancións, proceso que pode realizarse mentres outra
persoa canta, o que permite programar unha festa continua, xa que para elixir
novas cancións a interpretar non é preciso parar a partida) e melloras na
información sobre a nosa interpretación.
Tamén expanden os Clubs SingStar ata os 1.000 membros, permitindo a
participación ata en 5 clubs, e modifican a SingStore para permitir ver vÃdeos
de usuarios nas galerÃas da comunidade dende as cancións na tenda de descargas,
entre outros detalles.
- A PSP completará a experiencia do xogo