Siri poderÃa entenderse coas aplicacións no iPhone a partir da primavera de 2026
luns, 11 de agosto do 2025

- A integración de Apple Intelligence coas aplicacións de terceiros anunciouse en xuño de 2024
As páxinas de Bloomberg recolleron onte unha nova edición do boletÃn Power On de Mark Gurman, onde dan conta de que Apple está a preparar unha evolución clave para Siri que, se cumpre as expectativas, poderÃa transformar a forma de usar o iPhone, aÃnda que cómpre salientar que falamos de prestacións que avanzadas oficialmente en xuño de 2024 (polo que estarÃan a chegar un retraso notable).
O novo sistema de control por voz, baseado nunha versión mellorada de App Intents, permitirÃa executar accións dentro de aplicacións unicamente coa voz, como atopar e editar unha foto para enviala, comentar en Instagram, engadir un produto ao carriño nunha tenda en liña ou iniciar sesión nun servizo sen tocar a pantalla.
Esta tecnoloxÃa serÃa tamén esencial para os futuros dispositivos domésticos de Apple, como unha pantalla intelixente prevista para o ano que vén e un robot de sobremesa, aÃnda que os atrasos na nova Siri obrigaron a pospoñer un ano o primeiro destes produtos.
A compañÃa prevé lanzar a función na primavera, xunto cunha renovación da infraestrutura de Siri, pero non estará dispoñible en todas as aplicacións desde o primeiro dÃa. O obxectivo é garantir que funcione con precisión, especialmente en ámbitos sensibles como a banca ou a saúde, nos que poderÃa haber limitacións ou exclusións. Entre as apps en probas figuran Uber, AllTrails, Threads, Temu, Amazon, YouTube, Facebook, WhatsApp e xogos, ademais das propias de Apple.
