Sixtema entra no Top 5 das empresas máis innovadoras de Galicia

venres, 21 de novembro do 2025 Redacción

Sixtema Proyectos de Información, S.L. consolidou a súa traxectoria no ecosistema dixital galego ao situarse na cuarta posición do Ranking de Empresas Innovadoras de Galicia do informe ARDÁN 2025, un avance significativo que a incorpora por primeira vez no Top 5 das compañías con maior capacidade innovadora da comunidade . O recoñecemento chega nun ano simbólico para a firma, que celebra o seu vixésimo aniversario apostando por reforzar a súa actividade en tecnoloxía, investigación e desenvolvemento de solucións avanzadas para a transformación dixital.
O informe ARDÁN volve outorgarlle o Indicador de Empresa Innovadora, acreditación que certifica o compromiso sostido de SIXTEMA coa creación de valor mediante a I+D+i. Este resultado mellora a súa posición respecto ao ano anterior (cando ocupaba o sétimo posto) e reflicte a evolución constante dos seus procesos internos, así como a calidade e impacto dos proxectos que impulsa no sector empresarial galego.
O director xeral de Sixtema, Alejandro Lamas, salientou a importancia deste avance e expresou que «este recoñecemento é o reflexo do esforzo diario de todo o equipo. En Sixtema entendemos a innovación como unha forma de traballar e de entender o futuro. Alcanzar o Top 5 o mesmo ano que celebramos o noso 20 aniversario ten un significado especial e impúlsanos a seguir medrando e a afrontar novos retos con máis enerxía ca nunca» .
A compañía destaca que este novo fito evidencia o valor das súas solucións na dixitalización, na eficiencia operativa e na sustentabilidade, contribuíndo a reforzar a competitividade de organizacións públicas e privadas en Galicia. Segundo a nota, tamén se pon á disposición dos medios material gráfico adicional, incluída unha fotografía do equipo nas oficinas da empresa.

Empresas que obtiveron 5 estrelas no Indicador ARDÁN de Empresa Innovadora 2024

Posto 

Empresa

Localidade

Sector

1

GALCHIMIA, S.A.

Touro

Produtos químicos e derivados

2

IMPROVING METRICS, S.L.

A Coruña

Información e coñecemento

3

AMBIOTEC, GABINETE DE ESTUDIOS TÉCNICOS DE MEDIO AMBIENTE, S.L.U.

Santiago de Compostela

Servizos profesionais

4

SIXTEMA PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L.

Santiago de Compostela

Información e coñecemento

5

QUOBIS NETWORKS, S.L.

O Porriño

Información e coñecemento

6

EGATEL, S.L.

San Cibrao das Viñas

Maquinaria e equipamento