Skype di adeus tras 21 anos

luns, 5 de maio do 2025 Marcus Fernández

Hai uns meses Microsoft anunciou que a súa aplicación de mensaxería e xuntanzas en liña Skype despediríase no mes de maio, animando aos seus usuarios a migrar a Microsoft Teams, e dende TechCrunch poñen unha data concreta ao adeus, que sería hoxe mesmo. Skype deixa hoxe de funcionar de xeito activo, ofrecendo aos seus usuarios 10 semanas para decidir o que queren facer coas súas contas de usuario.
É bastante difícil saber cantos usuarios se verán afectados por esta decisión de Microsoft, xa que no mundo da empresa levan anos migrando a Microsoft Teams, e no ámbito doméstico o público foi abandonando paulatinamente o uso de Skype en favor doutras ferramentas como Zoom, Google Meet ou mesmo WhatsApp.
Os usuarios de Skype poden optar a migrar a Teams sen problema, aínda que se prefiren non facer tal tamén poden solicitar a exportación das dúas conversas, dos seus contactos e do seu historial de chamadas. Quen manteña saldo para a realización de chamadas de voz mediante Skyp continuará a poder facer uso deste saldo dende Teams ou dende un marcador telefónico vía web.