Skyrim supera os 10 millóns de copias

luns, 19 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo multiplataforma de Bethesda, The Elder Scrolls V: Skyrim, non para de recoller recoñecementos que o sitúa como o xogo do ano, pero este éxito non é só de crítica, senón que o público está a acollelo dun xeito moi positivo, como demostra o feito de que veñan de anunciar que veñen de superar os 10 millóns de copias distribuídas para Xbox 360, PlayStation 3 e PC deste título que en pouco máis dun mes podería ter xerado un volume de negocio de 650 millóns de dólares.
Skyrim sería o xogo que máis rápido vendeu na historia da plataforma de distribución Steam, o que reforzaría a idea de que este xénero (o rol) ten unha especial forza no PC, plataforma na que este título tería unha nota media dun 9,4 entre a crítica internacional.

A principal novidade desta entrega da saga The Elder Scrolls son os temibles dragóns

PUBLICIDADE