Smart Monitor M8: unha pantalla con webcam e funcións de Smart TV
martes, 29 de marzo do 2022
Hai algo
máis dun ano chegou
a España a gama de pantallas Smart Monitor de Samsung, que destaca por
integrar o sistema operativo Tizen, de xeito que o monitor informático pode
empregarse a xeito de Smart TV, o que resulta especialmente práctico para
espazos reducidos xa que pode utilizarse tanto para traballar co ordenador como
para consumir contidos audiovisuais cando o equipo informático non estea
acendido.
Esta liña de produtos está a ser bastante ben recibida, e asà vemos como recibe
un novo integrante, o Smart
Monitor M8, que ofrece un deseño fino (só 11,4 milÃmetros de grosor) en
catro cores, ten un panel de 32 polgadas con resolución 4K e unha curiosa
cámara SlimFit magnética e extraÃble, que incluso conta con funcións de
seguimento facial e zoom automático. O seu micrófono de campo afastado de alta
sensibilidade permÃtelle recoller a voz claramente e incluso facer uso de
asistentes como Bixby e Alexa.
O novo monitor tamén conta con funcións avanzadas como Smart DeX, AirPlay 2 e a
posibilidade de correr Microsoft 365 na nube (ou sexa, que poderÃa usarse como
un ordenador se contratamos o servizo de computación virtual de Microsoft).
Entrando en especificacións máis técnicas podemos comentar que estamos ante
unha pantalla de 400 cd/m2, refresco de 60 Hz, Wi-Fi 5, Bluetooth 4.2,
altofalantes, micro HDMI e 2 portos USB-C (capaces de transportar até 65 watts
de carga).
VÃdeo promocional do Smart Monitor M8