SmartPEME achega catro novos obradoiros TIC neste punto de inflexión maio-xuño

luns, 29 de maio do 2023 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da provincia, oferta esta semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. As actividades centraranse en ciberseguridade, na fabricación dixital e na análise web.
Este luns 29 ás 10 horas Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia formando na materia, encargarase de impartir o obradoiro Ciberseguridade, ramsonware e suplantación de identidade. O obxectivo é dar a coñecer que é un ramsonware, en que consiste a suplantación de identidade e que é o que poden facer as persoas para protexerse.
O martes 30 ás 11 horas dará comezo o taller de Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape IV – PartStudio IV con sesións online teóricas e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. En canto á teoría, o obradoiro afondará en debuxo 3D con Onshape (16 h), impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2h). Estas sesións completaranse con 20h prácticas no Fab Lab no manexo das dúas impresoras 3D e do escáner 3D. Tamén se encargará da formación Manuel Freire.
O mércores 31 ás 12 horas será a quenda dos Primeros pasos con Google Analytics 4, centrado no manexo deste programa de análise web. No obradoiro as persoas participantes aprenderán a comprender esta nova versión da ferramenta para poder configurala e tamén comprender ás e aos visitantes dunha páxina, coa finalidade de axudar na toma de decisións do negocio. Vai impartir esta acción formativa Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O xoves 1 de xuño iníciase o obradoiro de Fabricación dixital. Laminador Cura II. A formación teórica en liña incluirá debuxo 3D con Onshape (16 h), manexo de impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2 h). A parte práctica é presencial e consta de 20 horas no Fab Lab co manexo de impresoras 3D filamento (8 h), impresoras 3D resina (8 h) e escaneo 3D (4 h). Este obradoiro correrá tamén a cargo de Manuel Freire.

PUBLICIDADE