SmartPEME achega dous novos obradoiros centrados na SEO e a Intelixencia Artificial
luns, 20 de novembro do 2023
A
Deputación de Pontevedra, a través do programa
SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas
autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas
telemáticas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As
actividades, previstas para os dÃas 22 e 23 de novembro, abordarán
cuestións relacionadas coa iniciación ao posicionamento en
buscadores, redes e webs (SEO) e a Intelixencia Artificial.
O
mércores 22, de 17.00 a 18.00 horas, celebrarase obradoiro de
Iniciación ao SEO II: Optimiza a túa páxina web para gañar
visibilidade. Esta acción formativa afondará nos factores
externos que afectan ás páxinas web e que inflúen no seu
posicionamento, asà como as mellores prácticas SEO e a forma de
medilas con analÃtica web para comprender e optimizar os resultados.
O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, licenciado en
Comunicación Audiovisual con experiencia asesorando empresas do
ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia en liña.
O
xoves 23, ás 12,00, dará comezo o taller Intelixencia Artificial
I, que é e como funciona, onde se iniciarán os procesos de
clasificación de imaxes empregando unha rede neuronal e unha placa
de desenvolvemento Jestson Nano. Amais, realizaranse dúas prácticas
coa intención de que o usuario sexa quen de configurar unha rede
neuronal para as tarefas de clasificación de imaxes, recoñecemento
de expresións faciais e o movemento autónomo dun robot de
adestramento.