SmartPEME achega esta semana dous obradoiros centrados en mercadotecnia turística e en fabricación dixital
luns, 26 de xuño do 2023
A
Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME
de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta
na semana do 26 de ao 30 de xuño dúas novas accións
formativo-tecnolóxicas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que
se celebrarán de xeito telemático e presencial. As actividades
centraranse en nercadotecnia para empresas turísticas e en
fabricación dixital.
O
martes 27 ás 11.00 horas celebrarase a primeira das citas. Trátase
do obradoiro online, a través de Zoom, Plan de marketing
online para empresas turísticas. Será impartido por Patricia
Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de
Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico,
xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e a presenza das
marcas en redes.
O
xoves 29 ás 11h continúa o itinerario iniciado en maio sobre
fabricación dixital con Fabricación dixital. Escáner 3D.
Esta actividade, que rematará o 11 de xullo, consta de 30 horas da
formación online sobre debuxo 3D con Onshape (16 h), impresoras 3D
de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2h).
Tamén de 20 horas de prácticas presenciais, no Fab Lab do Centro
Provincial de Economía Dixital do Viveiro de Empresas de Barro,
sobre o uso de impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de
resina (8h) e escáner 3D (4h). Neste caso, Manuel Freire, experto
universitario en robótica, programación e impresión 3D con máis
de catro anos de experiencia impartindo obradoiros de formación,
encargarase de achegar ás persoas asistentes formación teórica
sobre o escáner 3D na fabricación dixital.