SmartPEME achega seis novos obradoiros TIC entre o 19 e o 23 de xuño
luns, 19 de xuño do 2023
A
Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación
tecnolóxica SmartPEME,
organiza na semana do 19 ao 23 de xuño seis novas accións
formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros para persoas
autónomas, pequenas e medianas empresas e profesionais. A media
ducia de actividades programadas desenvolveranse de xeito telemático
e presencial. Os obradoiros serán sobre o uso do antivirus e as
actualizacións do software, fabricación dixital, packaging,
deseño gráfico, a viabilidade dun proxecto emprendedor e finanzas.
As
accións formativas inÃcianse o luns 19, ás 10:00 h, con
Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software. A
finalidade deste taller telemático é promover as actualizacións do
software para previr as vulnerabilidades e o uso dos antivirus. Será
impartido polo experto universitario en robótica, programación e
impresión 3D Manuel Freire.
O
martes 20 haberá dúas actividades formativas. A primeira ás 11:00
h co tÃtulo Fabricación dixital. Laminador resina preparación
de impresiones, a cargo de Manuel Freire. O obradoiro enmárcase
no itinerario formativo que abrangue unha primeira parte teórica
online e unha segunda parte presencial con prácticas no Fab
Lab do Centro Provincial de EconomÃa Dixital no Viveiro de Empresas
de Barro. As persoas asistentes formaranse no manexo de debuxo 3D con
Onshape (16h), impresoras 3D de filamento (8h), impresoras 3D de
resina e escáner 3D (2h). Xa pola tarde, ás 17.00 h, impartirase
telematicamente Packaging, todo o que necesitas saber para o teu
e-commerce que aportará os coñecementos que se precisan para
realizar a embalaxe, dende a forma de envÃo, até os parámetros de
sustentabilidade que cómpre ter en conta, ou os elementos
experienciais. O taller será dirixido por Fátima FaÃlde,
licenciada en Publicidade e Relaciones Públicas pola Universidade de
Vigo con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e
imaxe corporativa.
O
mércores 21, ás 17.00 h, celebrarase unha acción formativa
telemática centrada na XerarquÃa no deseño: a orde da
información. Nela, daranse a coñecer métodos para xerar máis
atención visual e analizaranse os deseños para poder aplicalos a un
propio. Lara Taboada, titulada superior en Ensinanzas ArtÃsticas de
Deseño Gráfico, con experiencia en fotografÃa de produto e
composición fotográfica creativa, será a encargada de impartir a
actividade.