SmartPEME achéganos esta luns á ciberseguridade para as empresas
luns, 27 de maio do 2024
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana unha nova acción formativa enmarcada na súa carteira de obradoiros. A actividade abordarán forma telemática cuestións relacionadas coa ciberseguridade.
A acción formativa celébrase hoxe ás 10:30 horas. Trátase do obradoiro Ciberseguridade, antivirus e actualización do software, no que se darán a coñecer as medidas básicas que se deben implantar para manter protexidos os dispositivos, ben sexa a través da actualización do software, da corrección de vulnerabilidades ou do uso de antivirus.