SmartPEME achéganos seis novas formacións tecnolóxicas entre o 25 e o 28 de setembro
luns, 25 de setembro do 2023
A
Deputación de Pontevedra, a través do
programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e
persoas autónomas, oferta na semana do 25 ao 28 de setembro seis
novas accións formativas centradas nas TIC. Porán o foco na
ciberseguridade, no emprendemento, na visualización en buscadores
(posicionamento SEO), no manexo de Chat GPT e Stable Diffusion e no
uso de WhatsApp Business para alugueiro vacacional.
Este
luns 25 ás 10 horas celebrarase o obradoiro Ciberseguridade, que
é o malware, cuxo obxectivo é dar a coñecer que é un programa
malicioso e os diferentes tipos que existen, asà como aprender a
detectar se o noso equipo está infectado. O taller correrá a cargo
de Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e
impresión 3D.
O
martes 26 ás 12 horas dará comezo o taller A iniciativa
emprendedora para dar a coñecer as razóns para crear unha
empresa, os requisitos que debe reunir a persoa emprendedora e as
recomendacións para iniciar o proxecto empresarial. Paz Ares,
licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade
de Vigo será a encargada de impartir a formación.
O
mércores 27 ás 12 horas iniciarase SEO para e-commerce:
Posiciona a túa tenda en liña en Google. Este obradoiro está
especializado nas tendas en liña e céntrase en ensinar ás persoas
participantes a optimizar a web e a mellorar a súa visibilidade en
Internet. A docente será Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias
Empresariais con experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección
de proxectos web.
Na
mesma xornada do mércores, ás 17 horas, comezará o taller
complementario Redacta os textos da túa web ou tenda online para
posicionarte en Google que ofrecerá as claves para acadar bos
resultados nas procuras a través da redacción, tendo en conta as
estratexias de contidos e empregando ferramentas para escoller as
palabras clave. O taller será impartido por Laura Carrera, graduada
en Publicidade e Relaciones Públicas con experiencia como asesora de
comunicación e mercadotecnia dixital.
O
xoves 28 realizaranse outros dous obradoiros telemáticos. O primeiro
será de mañá, ás 12 horas, e dá continuidade ao novo itinerario
formativo dedicado á Intelixencia Artificial con Chat GPT e
Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento II, para coñecer o
manexo das ferramentas. O taller será impartido polo experto
universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel
Freire. O segundo, na quenda de tarde, dará comezo ás 17 horas co
tÃtulo WhatsApp Business para alugueiro vacacional. O
obxectivo deste obradoiro, impartido por Sonia Torres, é ensinar a
empregar WhatsApp Business como ferramenta de mercadotecnia no sector
turÃstico.