SmartPEME comeza xullo con obradoiros de ciberseguridade, fabricación dixital e mercadotecnia
luns, 3 de xullo do 2023
A
Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de
asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta
esta semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa
carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático.
Centraranse na copia de seguridade como medio de ciberseguridade, en
fabricación dixital a través de debuxo con Onshape VII, no
Sendinblue como ferramenta de mercadotecnia por correo electrónico e
na captación de clientes para o sector turístico.
A
programación arrancará o luns, 3 de xullo, co obradoiro
Ciberseguridade, copias de seguridade no que se dará a
coñecer a importancia de ter os datos apoiados nunha copia de
seguridade, pola posibilidade de sermos vítimas dun ransomware
ou calquera outro incidente como roubos, inundacións ou subidas de
tensión. O taller comezará ás 10:00 e será impartido por Manuel
Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión
3D.
O
martes 4 de xuño ás 11:00 impartirase o obradoiro Fabricación
dixital. Debuxo con Onshape VII – Proxecto final I que forma
parte dun obradoiro mixto no que haberá formación en liña e
prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía
Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. Este curso, impartido tamén
por Manuel Freire, consta dunha formación teórica de 30 horas e
doutra práctica de 20 horas co obxectivo de dotar ás persoas
asistentes da capacidade de deseño e fabricación dunha peza en 3D.
O
mércores 5, ás 11.00 h, celebrarase nha acción formativa
telemática centrada nas Ferramentas de email márketing:
Sendinblue. Nela, darase a coñecer o Sendinblue como ferramenta
para converter o proceso da mercadotecnia no correo electrónico
nunha tarefa áxil, eficiente e rápida. Tamén crearanse campañas
de email, editaranse modelos e configurarase este instrumento
para mellorar a produtividade. Este taller será impartido por Fátima
Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e cun
posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas.
O
xoves 6 ás 11.00 horas, a postgraduada en Turismo pola Universidade
de Santiago de Compostela, Patricia Cabaleiro, exporá de xeito
telemático as Ferramentas para fidelizar aos clientes do meu
aloxamento, onde se ensinará ás persoas asistentes cales son as
estratexias para captar clientes e mantelos no tempo (fidelizar)
sen facer grandes gastos e ideas para captar reservas directas sen
pagar comisións.