SmartPEME pon o foco esta semana na ciberseguridade e na Intelixencia Artificial
luns, 1 de abril do 2024
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a Intelixencia Artificial.
As accións formativas inÃcianse este luns, 1 de abril, ás 10:30 horas, co obradoiro Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles. O obxectivo desta acción é concienciar sobre a importancia que ten cifrar os nosos trebellos. O experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire empregará no taller unha ferramenta para ensinar os asistentes a facelo.
O xoves 4, en horario de 11:00 a 13:00 horas, celebrarase o obradoiro Ferramentas de vÃdeo con Intelixencia Artificial: Runway, HeyGen, Sora, a terceira e última lección do itinerario formativo sobre o manexo destas técnicas computacionais.
A través desta actividade, impartida tamén por Manuel Freire, darase a coñecer ferramentas que usan modelos de IA xerativa de vÃdeos como Runway, HeyGen, Sora.