SmartPEME pon o foco na ciberseguridade e na programación

luns, 20 de maio do 2024 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana (a que vai do 20 ao 24 de maio) dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a programación.
A primeira das xornadas terá lugar este luns, 20 de maio, ás 10:30 horas. Trátase do taller telemático Ciberseguridade, como facer unha contrasinal segura, no que se afondará na importancia de ter unha contrasinal adecuada para protexer a información. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D dirixirá este curso.
Pola súa banda o xoves 23 de maio entre as 10.30 e as 13.30 horas terá lugar a acción formativa Programación con Arduino Módulo II –Parte II. Manuel Freire será tamén o encargado de continuar este itinerario de formación sobre este sistema.