SmartPeme+ pon o foco na escritura persuasiva, na xeolocalización e na identidade de marca
luns, 14 de xullo do 2025
A Deputación de Pontevedra organiza esta semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e presencial (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 14 e o xoves 17 de xullo e afondarán en temas como o copywriting (escritura persuasiva), a identidade de marca, o aproveitamento das ferramentas de xeolocalización ou o cálculo da rendabilidade de aloxamentos turÃsticos.
Este luns 14 celebrarase o obradoiro telemático Copywriting para web e redes sociais, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Vigo. Os asistentes aprenderán as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da audiencia nestes medios dixitais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor de marca. Será impartido da man de MarÃa Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas con especialización en mercadotecnia dixital, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 15, ás 10:00 horas na oficina de Ponteareas, terá lugar o obradoiro presencial Canva dende cero para impulsar o teu negocio. Neste obradoiro práctico explorarase como utilizar esta aplicación para construÃr e organizar a identidade visual dunha marca dun xeito profesional e accesible para poder utilizala no material visual dun negocio. Estará a cargo de Lara Taboada, licenciada en Estudos ArtÃsticos de Deseño Gráfico e especializada en composición fotográfica creativa. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
O mércores 16 celebrarase o obradoiro telemático Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Pontevedra. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer esta ferramenta enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade, que facilita o aproveitamento das posibilidades da xeolocalización e as procuras. Será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e cunha ampla traxectoria profesional asesorando a empresas no ámbito da comunicación e da mercadotecnia dixital, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado pola Deputación.
Por último, o xoves 17 celebrarase o obradoiro presencial Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento ás 10:00 horas na oficina de Cambados. Nel, analizaranse os custos fixos e variables que unha propiedade debe ter en conta para calcular o seu punto de equilibrio. Exploraranse fórmulas para calcular a rendibilidade utilizando cifras da base de datos, facturas e reservas. Será impartido por Patricia Cabaleiro, graduada en Turismo con máis de 10 anos de experiencia no sector turÃstico, e as inscricións poden realizarse no formulario en rede.
