SmartPeme+ pon o foco no deseño 3D, no ecommerce e na mercadotecnia dixital
luns, 30 de xuño do 2025
A Deputación de Pontevedra organiza esta semana tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e con inscrición previa, celebraranse entre o martes 1 e o xoves 3 de xullo e afondarán en cuestións de gran potencial para o tecido empresarial da provincia como o deseño 3D, o comercio electrónico ou a mercadotecnia dixital, entre outras.
O martes 1 de xullo celebrarase o obradoiro en liña Impresión 3D no 2025, Slicers actuales 2/4, accións avanzadas, a partir das 12:00 horas organizado pola oficina de Barros-Meis. Os participantes aprenderán a dominar os slicers coa configuración avanzada para sacarlle o máximo partido as súas impresións 3D. Será impartido por Manuel Tornos, asesor do Centro de Educación e Formación de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O mércores 2 de xullo, en formato telemático ás 11:00 horas, terá lugar o obradoiro Woocommerce:A solución que buscabas para vender por Internet coordinado pola oficina de Cambados. Na sesión ensinarase a crear unha tenda en liña instalando esta ferramenta, dando a coñecer todas as súas caracterÃsticas, pasarelas e formas de pago. Asà mesmo, Jose Luis Taboada, asesor na propia oficina con máis de 25 anos de experiencia no sector e especialista en sistemas informáticos, afondará en como engadir produtos e xestionar pedidos. As inscricións pódense realizar no formulario xa dispoñible.
Por último, o xoves 3 de xullo a Deputación organiza ás 12:00 horas o obradoiro tamén telemático O teu plan de márketing dixital paso a paso, da man da oficina de Pontevedra. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e cunha ampla traxectoria profesional asesorando a empresas no ámbito da comunicación e da mercadotecnia dixital, amosará que é un plan de mercadotecnia dixital, a súa importancia para conseguir bos resultados na contorna en liña e como crealo a partir dun exemplo real. As persoas interesadas pódense inscribir no formulario xa dispñible.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, LalÃn, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.
