SmartQ5, o MID chinés de 100 euros

venres, 20 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Aínda que os MID (dispositivos intermedios entre PDA e ultraportátil) estean en decadencia, SmartDevices continúa a desenvolver produtos desta familia, resultando especialmente rechamante o SmartQ 5, pois este trebello cunha pantalla táctil de 4,3 polgadas, unha resolución de 800 x 480 píxeles, un procesador ARM, conectividade Bluetooth e Wi-Fi e unha versión de Ubuntu Linux está á venda en China por só 899 iuans (100,45 euros).
Con prezos tan atractivos sería posible que uns trebellos en perigo de extinción (en boa medida polo incremento de potencia dos teléfonos intelixentes, e polo éxito dos ultraportátiles de baixo custo) atopen un oco no mercado, pois resultan moi útiles para acceder á Rede, ler libros electrónicos ou visualizar imaxes, xa que o tamaño da súa pantalla e a súa resolución permiten unha experiencia de uso que supera en moitos aspectos a terminais de grande éxito coma o iPhone.

PUBLICIDADE