Snap trae as súas lentes con cámara a Europa
venres, 2 de xuño do 2017
Un dos produtos máis curiosos dos últimos meses foron as
lentes con cámara para Snapchat, as Spectacles, que destacaban pola súa
divertida proposta que convidaba a rexistrar en primeira persoa accións que
queiran compartirse a través de Snapchat cunha peculiaridade: os vÃdeos
rexÃstranse de xeito circular, o que permite que poidan verse tanto en
horizontal como en vertical.
Pero este produto non buscaba unha comercialización masiva, e inicialmente
vendÃase a través de tendas efémeras nunhas poucas cidades norteamericanas, e non
foi posible adquirilas en liña até o pasado mes de febreiro, e agora, tras
unha longa espera, chegan
finalmente a Europa, aÃnda que incrementando o seu prezo de 129,99 dólares
(115 euros) a 150 euros.
As Spectacles,
que poden mercarse en cor negra, coral e turquesa, conseguiron converterse nun
produto de moda nos EE.UU., pero
parece que o eu bo momento xa pasou, polo que a súa comercialización europea
pode ser moi decepcionante, non só porque o produto perdeu o seu pulo inicial,
senón tamén porque Snapchat, a plataforma para a que está deseñado, tampouco
goza de grande sona a este lado do Atlántico, e Instagram eclipsouna
totalmente. Conseguirán as lentes de sol de Snapchat pórse de moda en Europa este verán?
Último vÃdeo promocional das Spectacles de Snap Inc.