Soccer Moves converte o fútbol nun quebracabezas para móbiles
mércores, 6 de novembro do 2013
Sumar xéneros de éxito parece unha boa idea, e para
demostralo Fuzzy Logic estrea o seu xogo Soccer Moves para iOS e para
Android, un tÃtulo que leva os quebracabezas ao fútbol, de xeito que
poderemos participar en partidos do deporte rei repartindo un número limitado
de movementos para conseguir marcar a porta. Deberemos empregar o noso enxeño
para pasar, correr ou disparar á porterÃa ata superar á defensa e facer gol.
Soccer Moves
permÃtenos progresar de novato a profesional, mellorando a técnica e
desbloqueando obxectos, de aà que esteamos ante un xogo que pode descargarse de
balde que inclúe compras dentro da aplicación (que van dende 0,89 euros para
desbloquear o modo carreira ata a
compra de créditos dentro do xogo para facilitar a compra de melloras). O xogo
permite superar 8 defensas inspirados en xogadores lendarios; permite dominar
varias técnicas como picar o balón, driblar e tirar con efecto; conta con máis
de 90 niveis exclusivo para superar; desenvolve a acción a través de 5
contornos únicos; permite desbloquear equipamentos (dende potencias futbolÃsticas
ata zombis e heroes de acción); e incorpora recompensar por completar
obxectivos en cada nivel.
Trailer do xogo