Solicitan a intervención da SGAE para que cumpra coa lexislación de propiedade intelectual

luns, 18 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O feito de que a partires do 1 de marzo iVoox vaia carecer da súa licenza da SGAE, que tan positiva foi para a creación de podcasts en España dende 2012, causou certa preocupación por dar a entender que carecemos dun marco axeitado para poder a publicación de contidos sonoros que inclúan pezas suxeitas a dereitos de autor provocado en boa medida pola situación actual da SGAE, o que non parece que vaia solucionarse en breve, xa que o Ministerio de Cultura e Deporte vén de comunicar que solicitou á Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional, a través da Avogacía Xeral do Estado, a autorización para intervir de xeito temporal a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) en conformidade co artigo 192.9 do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual (TRLPI) no marco do procedemento de revocación da súa autorización iniciado co apercibimento emitido o pasado mes de setembro.
O Ministerio tamén solicitou a medida cautelar de remoción dos órganos de goberno da SGAE, considerando que o apercibimento emitido en setembro non foi atendido en máis de tres meses, polo que concorren razóns de urxencia para solicitar ao xuíz a intervención da entidade de xestión de dereitos de autor.
O ente público esixira á SGAE a modificación dos seus estatutos para adaptalos ao TRLPI; que constituíse unha xunta directiva a través dun procedemento que garantise os dereitos recoñecidos aos seus membros no TRLPI (incluíndo o dereito a comunicarse coa SGAE por vía electrónica, así como poder exercer o dereito de voto por tal vía); e adoptase as medidas precisas para que o reparto de dereitos pola comunicación pública de obras do seu repertorio en televisión cumprisen cos establecido no TRLPI.
Espérase agora que o xuíz permite que o Ministerio de Cultura e Deporte nomee un xestor interino baixo a forma dunha comisión que asuma as funcións legais e estatutarias dos órganos de goberno da SGAE para regularizar o seu funcionamento institucional.

PUBLICIDADE