Sonic Lost World estrea o seu primeiro trailer

martes, 28 de maio do 2013 Marcus Fernández

Na última entrega do Nintendo Direct anunciouse que o vindeiro xogo de Sonic, o ourizo azul de SEGA, chegaría en exclusiva para asa consolas de Nintendo, e finalmente xa sabemos o que nos deparará Sonic Lost World grazas á estrea do seu primeiro trailer, que déixanos ver un título de velocidade en 3 dimensións que non pode evitar lembrar a Super Mario Galaxy e que chegará en versión para Wii U e Nintendo 3DS.
Polo momento non concretou cando será o lanzamento deste novo xogo de Sonic, no que deberá competir con 6 inimigos mortais, sabéndose polo momento que estará dispoñible este mesmo ano tanto en soporte físico como en formato descargable.


Primeiro trailer de Sonic Lost World, publicado en primicia por IGN

PUBLICIDADE