Sonic Mania e Horizon Chase Turbo de balde para PC
venres, 25 de xuño do 2021
A tenda de xogos descargables para PC de Epic Games continúa
a agasallar xogos para atraer a usuarios a probar a súa plataforma, e até o vindeiro
1 de xullo está a ofrecer completamente de balde un par de xogos con aires retro máis que notables: Sonic Mania e Horizon Chase Turbo.
Sonic Mania
é toda unha
homenaxe aos primeiros xogos de Sonic, de xeito que adoptando unha estética
clásica e mecánicas 2D permitiranos xogar ás zonas emblemáticas das primeiras
entregas dos xogos do ourizo azul de SEGA, que moveranse a 60 imaxes por
segundo, mantendo asà o ritmo frenético destes xogos e ofrecendo a posibilidade
de xogar con distintos personaxes.
Horizon
Chase Turbo é un tÃtulo moito máis modesto, dunha desenvolvedora
independente, pero que será recibido con grande ledicia de moitos nostálxicos,
xa que está
inspirado en xogos de condución dos anos 80 e 90 como Out Run, Lotus Turbo Challenge, Top Gear
ou Rush, procurando recrear a estética dos xogos de máquinas de 16 bits
e contando tamén con música de Barry Leitch, compositor da música dos xogos de
condución clásicos antes mencionados (agás de Out Run, que foi obra de
Horishi Kawaguchi).
Un dos detalles máis salientables deste tÃtulo é que permite modos multixogador
a pantalla partida, de xeito que até 4 xogadores poderán competir
simultaneamente, contando tamén cun modo competitivo en liña en modo fantasma
para desafiar aos amigos a superar as nosas marcas.
- Horizon Chase Turbo permite gozar de multixogador a pantalla partida