Sonic celebra en Minecraft o seu 30º aniversario

mércores, 23 de xuño do 2021 Marcus Fernández

O ourizo azul de SEGA está a celebrar o seu 30º aniversario, e dentro desta conmemoración temos a estrea dun novo contido descargable para Minecraft, que introduce neste mundo pixelado tridimensional tanto a Sonic e os seus amigos como os escenarios clásicos polos que corre tradicionalmente, como Green Hills.
Con este novo contido descargable poderemos correr e rolar polas zonas icónicas dos xogos de Sonic, encargar aos distintos personaxes da franquía de SEGA, competir cos amigos por ver quen acada a mellor puntuación, desbloquear logros, personaxes, zonas e incluso un desafiante Modo Eggman. Tamén inclúe 24 atavíos.
Unha mestura bastante curiosa, xa que Sonic pode verse como un xogo retro do que tamén hai versións modernas en 2D e 3D, pero ao pasar polo filtro de Minecraft temos a combinación das 3 dimensións coa aparencia pixelada orixinal, conseguindo unha estética moi curiosa que adorarán os incondicionais de ambas franquías.

Sonic e os seus amigos están agora presentes en Minecraft

Vídeo promocional do DLC de Minecraft protagonizado por Sonic

PUBLICIDADE