Sonim presenta o primeiro móbil reforzado con conectividade NFC
luns, 26 de setembro do 2011
Sonim Technologies, fabricante especializado
en móbiles reforzados, anuncia o seu novo terminal XP1301 CORE
NFC, que é o primeiro móbil ultra-reforzado en incorporar conectividade NFC
pensando en sectores como o da limpeza, a seguridade, o mantemento de
equipamentos e as visitas médicas a domicilio, xa que o terminal poderÃa
empregarse para acceder de xeito seguro a unha porta achegando o móbil a 4
centÃmetros do seu pecho, dar conta da visita dunha enfermeira no fogar dun
paciente con Alzheimer ou simplemente como identificador de traballadores, para
rexistrar as súas actividades (como comprobar
se un garda de seguridade fai regularmente as súas quendas) ou os seus
horarios.
O Sonim XP1301 CORE NFC cumpre co estándar IP-68 (pode somerxerse ata 60
minutos a 2 metros de profundidade), soporta caÃdas sobre cemento ata a 2
metros de altura, a súa pantalla de 2 polgadas cunha resolución de 320 x 240
pÃxeles resiste golpes e rabuñaduras, conta con cancelación de ruÃdo e
altofalante de alto nivel de volume, un teclado de grande separación para
facilitar o seu uso con luvas, unha baterÃa que garante unha autonomÃa de ata
24 horas de conversa e 800 horas en espera e mesmo goza de funcionalidades de
reprodución multimedia (soporta ficheiros MP3, AAC, WAV, 3GP e MPEG-4 e tamén
conta con radio FM). Mide 126 x 60 x 25 milÃmetros e pesa 190 gramos.
- A tecnoloxÃa NFC do Sonim XP1301 CORE NFC pode empregarse como solución para a identificación e o control de traballadores (como gardas de seguridade)