Sonos cesa o seu director xeral tras unha crise de reputación
luns, 13 de xaneiro do 2025
En abril de 2024 o fabricante de sistemas de son sen fÃos de alta calidade Sonos renovou a súa aplicación móbil, con catastróficas consecuencias, xa que o cambio radical que experimentou non só tiña numerosos problemas de funcionamento, senón que deixara funcionalidades polo camiño, provocando que os usuarios non puidesen empregar con normalidade o seu equipo sonoro e coa frustración de non ter unha previsión de cando poderÃan retomar o control do seu caro sistema de son.
No outono a compañÃa tivo que saÃr a anunciar un compromiso renovado coa calidade e a experiencia de cliente, asegurando que non volverán lanzar actualizacións sen comprobalas debidamente, comprometéndose a lanzar actualizacións do seu software cada 2-4 semanas para que as súas aplicacións funcionen satisfactoriamente e incluso prolongando un ano máis a garantÃa do fabricante dos seus altofalantes.
A situación supuxo un duro golpe para a marca, que perdeu a confianza de moitos consumidores defraudados, e como consecuencia temos agora o anuncio de que o Consello de Dirección da compañÃa acordou o cesamento de Patrick Spence como director xeral de Sonos, pasando a ocupar o seu cargo de xeito provisorio Tom Conrad, quen pertencÃa ao Consello de Dirección dende 2017. A compañÃa inicia agora a busca dun novo director xeral para poder reconducir á compañÃa ao camiño do éxito.
Cómpre salientar que durante a dirección de Patrick Spence a compañÃa lanzou numerosos produtos de éxito, con altofalantes, auriculares e barras de son que foron auténticos referentes no sector, pero a renovación da aplicación móbil foi tan desastrosa e estivo tan mal xestionada que estragou seriamente a imaxe pública da compañÃa, ata o punto de que Sonos tivo que contratar a unha compañÃa de xestión de crises para poder solucionar o seu actual problema de relacións públicas.