Sony Ericsson lanza un móbil con cámara de 12 Mpíxeles

venres, 29 de maio do 2009 Marcus Fernández

En outubro chegará ao mercado o móbil de Sony Ericsson que coñeciamos como Idou e que finalmente responderá ao nome de Satio, e que contará cunha pantalla táctil de 3,5 polgadas cunha resolución de 640 x 360 píxeles e destaca por contar cunha cámara de 12,1 Mpíxeles con flash de Xenon, estabilizador de imaxe e vídeo, detección de caras e sorrisos e redución de ollos vermellos.
O Sony Ericsson Satio funciona co sistema operativo Symbian Foundation, inclúe Wi-Fi, Bluetooth con A2DP, recoñecemento automático de cancións, HSDPA, A-GPS, saída de televisión e acceso a PlayNow Arena (o que permite a descarga dende o móbil e o PC de temas musicais e politóns), saída de televisión, lector de tarxetas de memoria (inclúe unha de 8 Gb), mide 1121 x 55 x 13,3 milímetros e pesa 126 gramos.


Vídeo de presentación do Sony Ericsson Satio