Sony Ericsson presenta un novo reprodutor multimedia portátil deportivo
martes, 13 de abril do 2010
Pensando nos usuarios
amantes do deporte, presentan o novo Sony
Walkman W250, un novo reprodutor multimedia portátil do fabricante
nipón que destaca polo seu orixinal deseño e por ser resistente á auga (ou
sexa, que durante o seu uso non hai que preocuparse pola chuvia ou a suor). O
seu deseño adáptase á cabeza para que non moleste durante a práctica de
exercicio e o seu peso tamén é moi reducido (43 gramos).
Estes reprodutores multimedia sen cables sairán á venda en maio en 4 cores
rechamantes e en 2 capacidades (2 e 4 Gb), custando o
modelo máis básico uns 50 euros. Os Sony Walkman W250 tamén contan cunha
boa autonomÃa de ata 11 horas, sorprendendo o feito de que cunha carga de só 3
minutos poidamos reproducir música durante 90 minutos.